miércoles, 17 de junio de 2009

Tres cousas


Ola a todas de novo.
Teño que informarvos de tres cousas:
1ª.- Celsa, que quedou encantada da cea, quere agora facer unha exposición de fotos antigas do cole, e pide que todas as que teñades fotos, que por favor, as enviedes.
2ª.- Desde a asociación "Baltasar Pardal", que se creou no cole hai uns anos e que, entre outras cousas dá apoio en varios aspectos aos rapaces máis necesitados do cole, pediume os vosos enderezos electrónicos para mandarvos información. Eu prefería comentárvolo antes de darllo, para que non vos collera moi de sorpresa.
3ª.- No blog do Equipo de Normalización lgtca. do cole (blog.lagrandeobradeatocha.com), fixeron unha entrada dedicada á nosa cea, así que se vos apetece entrar e participar, adiante. Ana Montero, que é a responsable, estará encantada.
E non hai máis, subo unha foto que me mandou Marisé de algunha das tranagalladas nas que nos deixábamos liar hai anos.
Un saúdo a todas
Carmen Abella

domingo, 7 de junio de 2009

Xa está, xa foi...



Chegou e pasou, e eu creo que podemos estar contentas polo resultado, polo ambiente e polo reencontro. Agora xa sabedes, as que viñestes e as que non, que quedamos emprazadas para o 25 aniversario, así que dentro de 5 anos ide reservando unha noite de sábado para repetir, eu creo que xa sen tarxetas porque agora xa nos recoñeceremos sen problema.
Poño unha das miñas fotos, é de despois da misa e faltades as que vos incorporastes ao restaurante, pero en canto vaia recompilando as outras fotos ireinas colgando. Así que as que levastes cámara, mandádeas ou colgádeas e mandade o enlace, ou como queirades...
E nada, o máis difícil xa se fixo, a partires de agora vai ser moito máis doado...
Carmen Abella