miércoles, 17 de junio de 2009

Tres cousas


Ola a todas de novo.
Teño que informarvos de tres cousas:
1ª.- Celsa, que quedou encantada da cea, quere agora facer unha exposición de fotos antigas do cole, e pide que todas as que teñades fotos, que por favor, as enviedes.
2ª.- Desde a asociación "Baltasar Pardal", que se creou no cole hai uns anos e que, entre outras cousas dá apoio en varios aspectos aos rapaces máis necesitados do cole, pediume os vosos enderezos electrónicos para mandarvos información. Eu prefería comentárvolo antes de darllo, para que non vos collera moi de sorpresa.
3ª.- No blog do Equipo de Normalización lgtca. do cole (blog.lagrandeobradeatocha.com), fixeron unha entrada dedicada á nosa cea, así que se vos apetece entrar e participar, adiante. Ana Montero, que é a responsable, estará encantada.
E non hai máis, subo unha foto que me mandou Marisé de algunha das tranagalladas nas que nos deixábamos liar hai anos.
Un saúdo a todas
Carmen Abella

domingo, 7 de junio de 2009

Xa está, xa foi...



Chegou e pasou, e eu creo que podemos estar contentas polo resultado, polo ambiente e polo reencontro. Agora xa sabedes, as que viñestes e as que non, que quedamos emprazadas para o 25 aniversario, así que dentro de 5 anos ide reservando unha noite de sábado para repetir, eu creo que xa sen tarxetas porque agora xa nos recoñeceremos sen problema.
Poño unha das miñas fotos, é de despois da misa e faltades as que vos incorporastes ao restaurante, pero en canto vaia recompilando as outras fotos ireinas colgando. Así que as que levastes cámara, mandádeas ou colgádeas e mandade o enlace, ou como queirades...
E nada, o máis difícil xa se fixo, a partires de agora vai ser moito máis doado...
Carmen Abella

sábado, 30 de mayo de 2009


Ola outra vez a todas:
A unha semana da cea temos confirmada a asistencia de 56 persoas, e algunha pendente de confirmar. Así que como vedes, o éxito da convocatoria sobrepasou todas as nosas expectativas.
Estamos preparando unhas tarxetas cos nomes para evitar preguntarnos quen somos, que sempre queda un tanto violento. Se tedes algunha foto carnet da época na que estabades no colexio, levádea, así completamos a cousa.
Neste momento temos confirmada a asistencia á cea de Celsa Boquete, a de Don Eladio, que será tamén quen celebre a eucaristía, e pendente a de dous profesores máis. Lourdes e Ana Montero, que por diversos motivos non poden ir á cea, irán á eucaristía.
Aproveito para subir esta foto que me mandou Sandra Mallo, eu non saio porque en 1º de EXB estaba en A, con Teresa, e esta debe ser da outra clase, pero seguro que as que estabades aí podedes alucinar véndoa.
Un saúdo a todas, vémonos o sábado.

miércoles, 20 de mayo de 2009

Xa estamos


Ola a todas.
Nestes momentos confirmaron a súa asistencia á cea 40 persoas. Moitas pedistes que subira a lista ao blog, pero non sei, o que vou intentar hoxe é subir unha foto de 3º de bup, a ver se son capaz e podedes recoñecervos nela. Eu estou detrás de todo, a 2ª pola dereita, pero agora creo que estou un pouco máis mona.
Como hai xente que entra na páxina do cole e hai un pouco de lío co plan do día 6, anotade ben porque este é o definitivo:
20, 30h. no cole para eucaristía e encontro.
22 h. no restaurante "El Pantalán" no muelle de Oza.
Pensamos en facer, para o reencontro, unhas tarxetas co nome de cada unha. Se tedes algunha foto de aqueles anos, enviádea ao correo da cea, así podemos preparalas con máis datos.
Un saúdo a todas. Xa non queda nada....
Carmen Abella

miércoles, 6 de mayo de 2009

Últimas noticias

Ola a todas:
Pola presente confirmamos que a cea da promoción do 71 vai ser o sábado, 6 de Xuño. O lugar confirmado vai ser "El Pantalán", no muelle de Oza.
Imos mandar un correo a toda a xente que se apuntou no enderezo de correo da cea, pero é importante que avisedes a toda a xente que poidades, para poder confirmar número canto antes.
O plan previsto é o seguinte: quedar no cole, facer unha eucaristía de asistencia voluntaria, pero que nos parecía boa idea para vernos e recordar vellos tempos, ir á cea, despois vai incluído baile no mesmo lugar, e a partires de aí, quen se anime, seguir de marcha.
Houbo algunha proposta nos blogs de invitar a Celsa, e farémolo; tamén se nos ocorría invitar a Loli Rojas, a Ana Montero, a Lourdes ou a Chus(Tutú), pero, por favor, opinade ao respecto, non nos gustaría que alguén non estivera a gusto ou que quedara sen invitar alguén a quen vos apetecera ver. As que estamos no cole imos preparar a eucaristía, se hai calquera proposta, non vos cortedes.
O prezo é de 30 euros por persoa e o menú é o seguinte, (inclúe o baile posterior):
Entrantes:
CHIPIRONES A LA PLANCHA
SURTIDO DE EMPANADAS
PARRILADA DE VERDURAS A LA PLANCHA
Plato a elegir:
CARRILLERA DE TERNERA EN DEMIGLAS DE TRUFA
SALMON FINAS HIERBAS CON PATATA CONFITADA

Postre:
TARTA DE QUESO CON FRAMBUESA
Bodega:
RIOJA COSECHA
ALBARIÑO TROANTE

CAFÉ

jueves, 16 de abril de 2009

Xa somos 40

Ola.
Coa incorporación hoxe de Dolores Fernández Cobas, e de Marián Rodríguez; xa somos 40. O tempo apremia e parece que as poden andar entre finais de maio e primeiros de xuño. Tamén habería que decidir outra cousa, noutras ceas que se fixeron doutras promocións invitouse a un par de profesores, así que temos que pensar se queremos facer o mesmo. Entre os nomes que se barallaban andaba o de Loli Rojas, que nos deu Educación Física en 3º de BUP. Así que propoñede nomes e entre os que máis votos teñan, decidimos.
Carmen Abella

viernes, 10 de abril de 2009

Posta en marcha

Ola a todas. Son Carmen Abella, e atopei a maneira de entrar aquí, por fin.
Nestes momentos, pasamos de 30 as que confirmaron a súa asistencia á cea, e aínda hai xente por aí animándose, así que xa estamos en marcha. Montse López anda tanteando entre o Pantalán de Oza e o Club del Mar, como posibles lugares, porque así non teríamos que saír de alí para bailar. E Sole propón como datas a segunda ou terceira fin de semana de maio. Ide opinando a ver que vos parece, todas as opinións son válidas e se agradecen.
Non deixedes de pensar en xente que podería apuntarse, e comunicádello canto antes, para que sexamos cantas máis mellor.
Un saúdo
Carmen Abella.